Citas al Azar

…efectivamente, la naturaleza dotando al hombre de esa extraordinaria facultad de imitación, ha querido que aprenda a hablar antes de conocer la gramática; aprenda a pensar antes de conocer la lógica; aprenda a cantar antes de conocer la música; en fin, lo aprenda todo antes de sospechar siquiera que hay reglas para aprenderlo.
…Mi discípulo sabrá tocar el piano antes de conocer una nota, del mismo modo exactamente como ha sabido hablar antes de conocer una letra, es decir dándole ejemplo antes de darle reglas. …Las primeras lecciones de piano no serán probablemente ni penosas escalas, ni ejercicios cansados, …


   Juan Bautista Alberdi
  Sentido Común y Educación Musical

A especialista arxentina Violeta Hemsy impartirá un curso de eutonía no Conservatorio

Noticia publicada en O Aturuxo.es, 24 de abril de 2009. Cambados, Pontevedra, España.

eutonia

É unha das maiores expertas internacionais en pedagoxía musical

O primeiro tenente de alcalde, Luis Aragunde, xunto coa directora do Conservatorio, Lorena Varela, presentaron o curso Eutonía y Música que se celebrará no auditorio da Xuventude o vindeiro fin de semana, impartido pola profesora arxentina Violeta Hemsy de Gaínza, unha das maiores expertas internacionais en pedagoxía da música.
O curso “Eutonía y Música, introducción a un abordaje eutónico de la técnica instrumental” vaise impartir dende o venres ao domingo nas instalacións do Conservatorio, baixo a coordinación de Lorena Varela, e nel participarán profesores e alumnos de distintos conservatorios interesados en coñecer os métodos de Violeta Hemsy.
Os principais enunciados do curso refírense ao “desenrolo da conciencia corporal a través do século XX”, “tono muscular óptimo versus relajación”, “o noso enfoque baseado na Eutonía”, “contacto eutónico”, “programación psico-física”, “o neno e a técnica”, e a “improvisación musical”. Esta oferta formativa conta con 25 prazas de matrícula e terá unha duración de 15 horas.
A eutonía é unha disciplina psico-corporal creada por Gerda Alexander, baseada na experiencia do propio corpo. Conduce á persoa cara unha toma de conciencia de sí mesma e propón unha aprendizaxe para a regulación do ton muscular, axeitándoo a calqueira situación da vida. O bo ton muscular, propio do estado eutónico, proporciona flexibilidade e adaptabilidade. Toda alteración na tonicidade muscular xenera alteracións nos controis automáticos do sistema vexetativo, o cal regula a circulación, o metabolismo, o sistema glandular e as funcións de todos os órganos e sistemas do corpo. Actuando sobre a tonicidade pódese influir sobre todo o ser humano.

A dirección do Conservatorio procura que o profesorado esté en continua formación debido aos cambios constantes nos plans educativos (cambio da LOGSE á actual LOE) e estar sempre á vangarda nos coñecemento de métodos pedagóxicos para aplicalos no traballo cotiá cos alumnos.

Be Sociable, Share!

Leave a Reply

  

  

  


*

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>